Conde resalta o potencial da presenza do polo de avións non tripulados de Galicia na principal feira do sector para atraer novas empresas a Rozas
25/05/2016
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visitou os stands de Indra e Inaer na feira Unvex16, que se celebra no aeródromo de Cuatro Vientos, e no que os socios da Xunta promocionan os proxectos que se porán en marcha en Galicia
- Os visitantes asistirán a unha demostración do avión Targus, cuxa réplica non tripulada será un dos principais produtos a fabricar en Rozas
- Lembra o arranque inmediato do proxecto coa implantación de 6 novas empresas en Galicia, das que tres son novas filiais de Indra, ás que seguirán a construción do novo hangar, así como o centro de mantemento de helicópteros de Inaer
Madrid, 25 de maio de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe o potencial que ten a presenza do polo tecnolóxico e industria …


