Feijóo empraza ao sector conserveiro galego a seguir evolucionando da man da investigación e a tecnoloxía para competir fronte a terceiros países e abrirse a novos mercados
06/05/2016
- Destaca que Anfaco-Cecopesca leva anos apostando polo desenvolvemento de novos produtos nos que a biotecnoloxía ten un papel primordial
- Recorda que Galicia avanzou un paso máis nesta carreira coa posta en funcionamento en Vigo do novo Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (Cytma)
- Subliña que a Xunta puxo a funcionar tres Unidades Mixtas de investigación, que supoñen un investimento total de 28 millóns de euros co obxectivo de que os centros tecnolóxicos e as universidades se impliquen coas empresas no desenvolvemento de proxectos de I+D+i
Vigo, 6 de maio de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, emprazou hoxe ao sector conserveiro galego a seguir evolucionando da man da investigación e a tecnoloxía …


