A Xunta apoia a través de Xesgalicia a creación de 33 empresas mediante o fondo Galicia iniciativas emprendedoras
03/06/2016
- O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, resalta o respaldo do Goberno galego ás pequenas compañías durante o I Congreso de Microempresa en Galicia
- Subliña que o esforzo investidor do capital risco público galego porá o foco sobre as iniciativas innovadoras capaces de mellorar a competitividade e xerar empregos de calidade
- Máis da metade das iniciativas apoiadas no eido emprendedor corresponden a proxectos da provincia de Pontevedra
Pontevedra, 3 de xuño de 2016.- O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, salientou hoxe que a entidade xa ten apoiado a creación de 33 novas empresas mediante o fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras (GIE), mobilizando 4 millóns de euros en investimentos. Durante a súa intervención no I Congreso de Microempresa en Galicia, Cividanes apunto …


