Novas

Conde destaca a empresa EuroCKP como exemplo da aposta do sector do granito galego pola innovación

17/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións desta firma de Tui con motivo do seu 20 aniversario
  • Sinala que a inversión de 2,2 millóns de euros feita por EuroCKP desde 2015 para reducir o consumo enerxético nun 40% se axusta a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3, que impulsa un novo modelo de xestión dos recursos naturais
  • O Plan Renove dedica este ano 400.000 euros para fomentar o uso do granito nos edificios de vivendas, o que permitirá mobilizar arredor de 1,4 millóns e xerar preto de 100 postos de traballo

Tui (Pontevedra), 17 de xuño de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá, no polígono de Ribadelouro de Tui, as instalacións da empresa de transformación e co …

A Xunta impulsa a captación de capital privado polas empresas innovadoras do sector biotecnolóxico

16/06/2016

  • A Axencia Galega de Innovación-GAIN e o clúster do sector, Bioga, poñen en contacto a 8 proxectos galegos con unha decena de investidores na sexta edición da lonxa de investidores que se celebra en Lugo
  • O director de GAIN, Manuel Varela, destaca que a biotecnoloxía galega está xa no grupo de cabeza de España, e sinala que a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 consolidará ese liderado
  • A folla de ruta culmina a vertebración do apoio público ao sector Bio galego, sumando 200 millóns de euros en investimento ata 2020, dos que os primeiros 37 millóns se están a investir este ano

Lugo, 16 de xuño.- O director da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Manuel Varela, destacou hoxe o impulso que suporá o Bio Investors Day, celebrado hoxe na sede do CETAL en Lugo, p …

Conde sinala aos empresarios premiados por Actualidad Económica como construtores de pontes entre as ideas e os empregos en Galicia

14/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na gala de entrega dos galardóns, onde A Xunta recibiu un recoñecemento ao polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados que a Xunta está configurando ao redor de Rozas
  • Destaca que o premio ao mellor empresario, que recaeu no conselleiro delegado do Grupo Copo, José Antonio Rodríguez Estévez, responde “a unha das maiores historias de éxito do sector automobilístico galego” e a un permanente compromiso co emprego
  • O galardón á mellor traxectoria empresarial correspondeu a Ramiro Carregal, presidente de Frinsa, de quen Conde apunta que non só revolucionou o sector conserveiro, senón que simboliza un compromiso coa terra que tamén se manifesta desde o apoio ao deporte galego ata o res …

Conde sinala a Utingal como exemplo de que o sector aeronáutico non só ten potencial senón que xa está a crear riqueza en Galicia

13/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou a compañía, que vén de ampliar as súas instalacións en Tui cunha nova nave de 4.000 m2 que lle permitirá triplicar o espazo dispoñible para fabricar novas pezas e aumentar a súa capacidade de produción
  • Apunta que a empresa é unha mostra de diversificación industrial, aplicando e adaptando o seu know how na automoción a un novo eido de actividade
  • Destaca a potenciación do sector co polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, o Centro de Innovación Aeroespacial ou o novo grao en Enxeñaría Aeroespacial, ademais da cooperación en Udega ou o Consorcio Aeronáutico
  • Utingal, que subministra aos principais construtores de avións do mundo, participa nun dos catro proxectos gañadores do …

A Xunta se suma aos premios europeos de navegación por satélite poñendo en marcha con Indra e Inaer un galardón vinculado aos avións non tripulados

13/06/2016

  • O director da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Manuel Varela, participou hoxe na presentación do concurso europeo Galileo Masters, promovido pola Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán, o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais, a Xunta de Galicia e o Proxecto BELS, e que ten como socio principal en Galicia á Zona Franca de Vigo
  • A competición conta con premios a nivel europeo por valor dun millón de euros, que se suman a dous premios a nivel rexional: un galardón posto en marcha polo Goberno galego e un recoñecemento outorgado pola Zona Franca
  • A Xunta permitirá ao gañador da súa competición acceder á incubadora de Rozas, así como a varios programas tecnolóxicos do polo de avións non tripulados, mentres que o proxecto elixido polo ...

Conde sinala a primeira edición da feira lalinesa Expoferr como mostra da aposta dos sectores estratéxicos galegos pola innovación industrial

11/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria asistiu ao arranque do evento, no que participan preto de 100 empresas do sector da ferraxería, a protección laboral e a maquinaria
  • Representantes de varias das principais compañías galegas de sectores como a automoción, o naval, a aeronáutica, a alimentación o téxtil ou as construcións metálicas asisten ao encontro
  • A feira desenvólvese nas instalacións da empresa lalinesa GSI, que Conde destacou como unha das compañías industriais máis destacadas do Deza

Lalín (Pontevedra), 11 de xuño de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe a primeira edición da feira lalinesa Expoferr como mostra da aposta dos sectores estratéxicos galegos pola innovación industrial. Representantes ...

Conde destaca que a aceleradora de Monforte contribuirá á posta en marcha dos proxectos de 250 emprendedores da comarca

08/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta tarde o Centro Comarcal Expo-Lemos, onde se instalará este novo espazo coworking
  • A convocatoria para participar nesta primeira edición abrirase o próximo 15 de xuño co obxectivo de que a aceleradora empece a funcionar en setembro
  • O proxecto forma parte do acordo de colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI) que permitirá poñer en marcha outras 5 aceleradoras en Mondoñedo, Cabana de Bergantiñas, Ferrol, Xinzo de Limia e Celanova
  • Esta iniciativa súmase a outros proxectos da Xunta para fomentar o emprendemento, como Agrobiotech e Vía Lugo

Monforte (Lugo), 8 de xuño de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial d …

A Xunta aposta por converter Vigo nunha referencia mundial da biotecnoloxía azul co impulso dos centros de coñecemento e do porto

07/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria resalta, durante a xornada “O desenvolvemento do sector Bio de Galicia”, a capacidade da biotecnoloxía para facer de panca de eidos como o mar, o agro, o lácteo, ou a sanidade
  • Destaca a Estratexia de impulso a biotecnoloxía 2016-2020 como ferramenta clave a medio prazo, investindo 200 millóns de euros en consolidar a boa marcha do sector
  • Lembra que esta folla de ruta busca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, xerar 300 novos empregos e que a facturación deste eido chegue en Galicia aos 300 millóns
  • Sinala como medida clave cara esas metas unha iniciativa de compra pública innovadora coa que a Xunta validará e probará as tecnoloxías das pemes galegas, permitíndolles crecer e xerar emprego

Vigo, 7 de xuño d …

A Xunta informa en Santiago sobre o programa Principia que impulsa a contratación de 300 mozos investigadores

06/06/2016

  • O director da Axencia Galicia de Innovación (Gain), Manuel Varela, pechou hoxe o obradoiro de presentación desta iniciativa coa que se apoiarán contratos cunha duración mínima dun ano en empresas e centros de investigación galegos
  • O obxectivo deste encontro é dar a coñecer ás empresas, universidades, centros de coñecemento e titulados ou doutorados universitarios os requisitos e características desta liña de apoio
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende con este tipo de xornadas establecer un espazo de networking para o contacto entre profesionais e entidades para estimular a contratación no eido da investigación e innovación
  • A iniciativa, á que se destinan 3 millóns de euros, busca reforzar a inserción laboral de profesionais moi cualificados no …

Conde salienta que a industria informática xogará un papel destacado na aposta de Galicia polos avións non tripulados

03/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou hoxe en Santiago na Noite da Enxeñería Informática, onde recolleu o premio á mellor iniciativa pública, outorgado polos profesionais, ao parque tecnolóxico e industrial de Rozas
  • Resalta que o sector beneficiarase dos 42 millóns de euros en contratos que Indra e Inaer asinarán con empresas e centros tecnolóxicos galegos
  • Subliña o eido informático como fundamental para a implantación en Galicia da Industria 4.0, baseada sobre tecnoloxías como o internet das cousas, os novos sensores, ou o Big Data, e na que “a xestión informática e a ciberseguridade serán vitais”

Santiago, 3 de xuño de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe á industria informática galega co …

1 140 141 142 143 145 146 147 148 197