Novas

Conde resalta que Galicia é pioneira na utilización da compra pública innovadora como ferramenta de competitividade

05/07/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou esta mañá en Santiago na primeira edición do Foro sobre Compra Pública Innovadora no sector da auga
  • Francisco Conde destacou a importancia de mellorar o ciclo integral da auga a través da eficiencia enerxética, a valorización de residuos e de solucións que empreguen as novas tecnoloxías
  • A Xunta ten mobilizados 112 millóns de euros para 5 proxectos a través desta ferramenta e xa impulsa novas iniciativas en materia de benestar, aeronáutica e mobilidade sostible
  • Abogou polo traballo en equipo con iniciativas coma as 19 unidades mixtas, creadas entre 2014 e 2015, e a convocatoria dunha terceira edición para este ano co obxectivo de alcanzar as 25, o que suporá un investimento final público-privado de 87 millóns …

Sanidade organiza un almorzo informativo para presentar o proxecto TITTAN

04/07/2016

  • Trátase dunha iniciativa coordinada pola Axencia de Coñecemento en Saúde no marco da convocatoria InterregEurope
  • Está financiada con fondos Feder e conta cun orzamento de case 1,7 millóns de euros

Santiago, 4 de xullo de 2016.- A Consellería de Sanidade organizará mañá, ás 11,00 h, un almorzo informativo para presentar aos medios de comunicación o proxecto TITTAN (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network).

Trátase dunha iniciativa coordinada pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco da convocatoria InterregEurope, financiada con fondos Feder e que conta cun orzamento de case 1,7 millóns de euros.

As súas liñas de actuación comprenden o intercambio de boas prácticas para fomentar a innovación dende o exterior cara os sistemas san …

A Xunta adxudica 155 contratos predoutorais e posdoutorais para consolidar investigadores

29/06/2016

  • O Goberno inxecta un total de 16,1 millóns de euros na formación, potenciación e consolidación da carreira científica para o período 2016-2019, o maior investimento da historia de Galicia neste eido

Santiago, 29 de xuño de 2016.- O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), vén de adxudicar un total de 155 axudas para a potenciación e consolidación da carreira científica dos investigadores, 100 das cales se corresponden con bolsas do Programa de apoio á etapa predoutoral 2016 e as 55 restantes co Programa de apoio á formación da etapa posdoutoral.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia inxecta un total de 16,1 millóns de euros na formación, potenciación e consolidación da carr …

Feijóo garante o compromiso da Xunta para, entre todos, seguir avanzando na conquista da igualdade real e efectiva

29/06/2016

  • Afirma que exemplos como os das premiadas son máis actuais e necesarios que nunca: “Co voso traballo diario demostrades que a fórmula muller-ciencia é unha combinación gañadora. A través da ciencia lóitase contra as visións dogmáticas do mundo e co voso exemplo contribuídes á conquista da igualdade entre homes e mulleres”
  • Subliña que as medidas postas en marcha pola Xunta como a Tarxeta Benvida, o Bono Coidado e o incremento das prazas de garderías están orientadas a axudar a compatibilizar a vida profesional coa laboral e son o mellor apoio que se pode prestar ás familias con fillos
  • Incide en que nas premiadas María Josefa Wonenburger Planells cobran visibilidade as dúas palabras nesta loita pola igualdade: a concienciación e a conciliación
  • Refírese tamén ...

Conde destaca que a Unidade Mixta con PSA e CTAG para crear o coche autónomo consolida Galicia como un epicentro de innovación en Europa

28/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o director do centro de Vigo de PSA e o director xeral de CTAG mostraron esta mañá á directora de Investigación e Enxeñaría Avanzada de todo o grupo PSA, os avances tecnolóxicos que se están a levar a cabo no marco deste proxecto colaborativo que mobiliza 4 millóns de euros
  • Citröen trasladou ao conselleiro que se presentará á Iniciativa de Captación de Investimentos 4.0, un programa ao que a Xunta destina 60 millóns de euros e polo que xa se interesaron empresas de sectores TIC, pedra natural ou enerxía
  • Salientou que a aposta pola innovación que está a realizar o sector está sendo determinante na consecución dos novos proxectos K9 e do modelo V20 de PSA, que cun investimento de 640 millóns garantirá carga de trabal …

Conde destaca as oportunidades industriais que o polo de avións non tripulados suporá para 31 empresas e centros de coñecemento galegos

21/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na reunión que puxo as bases da colaboración entre Indra, Inaer e as 18 compañías, 10 centros tecnolóxicos e 3 universidades que participan no polo de Rozas
  • Resalta que o traballo conxunto “simboliza o compromiso de Indra e Inaer” co tecido industrial e investigador de Galicia
  • O director de Vehículos Aéreos de Indra, José Manuel Sánchez Serrano, destaca que “non só as compañías que están neste acordo de contratación, senón moitas máis” de Galicia, poderán aproveitar o potencial das multinacionais para desenvolver produtos e comercializalos en todo o mundo
  • O director de Proxectos de I+D de Inaer, José Luis Sáiz Díaz, apunta a dobre dimensión do proxecto, unha industrial con sede …

Feijóo refírese ao compromiso e á competitividade como as claves para que a industria da automoción galega teña carga de traballo e un horizonte despexado

21/06/2016

  • Anima á industria auxiliar a seguir investindo en ser cada vez máis innovadora para responder aos retos tecnolóxicos que vai marcando o sector; e, ao mesmo tempo, diversificando a produción para chegar a novos clientes e aos mercados internacionais
  • Neste sentido, precisa que a industria auxiliar da automoción destina xa preto do 40 por cento da súa cifra de negocio aos mercados internacionais
  • Salienta a importancia da formación e de que o tecido industrial galego conte con man de obra cualificada

Vigo, 21 de xuño de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao compromiso e á competitividade como os elementos clave para que a industria da automoción galega teña carga de traballo e un horizonte despexado.

Durante o acto de celebración ...

A Xunta publica hoxe no DOG as axudas para a contratación de novos investigadores nos centros tecnolóxicos consolidados

20/06/2016

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha unha nova convocatoria de contratos-programa para apoiar aos seis centros tecnolóxicos galegos recoñecidos pola súa excelencia
  • A través destes contratos, a Xunta ten apoiado a centros e fundacións sanitarias con 11 millóns desde o ano 2009, reforzando o seu equipamento e persoal
  • Os contratos-programa poñen o foco na captación e retención de talento, xerando preto de 220 novos postos de traballo cualificados nos últimos tres anos en Aimen, Gradiant, Anfaco-Cecopesca, CTAG, ITG e EnergyLab
  • A medida é un dos piares do marco integral de apoio ao talento da Axencia Galega de Innovación, completado con programas como o Oportunius ou o Principia, que vén de activarse e permitirá a contratación doutros 300 mozos ...

Conde sinala o tirón dos sectores estratéxicos como clave para que as exportacións galegas medren máis dun 13%

20/06/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun almorzo con membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra, onde destacou o papel do naval e automoción pontevedresa na boa marcha das vendas ao exterior
  • Resalta a necesidade de adaptar o tecido fabril galego á Industria 4.0 para consolidar os bos indicadores económicos, apostando por sectores emerxentes como o aeronáutico ou a biotecnoloxía
  • Salienta que, grazas á responsabilidade fiscal do Goberno galego, a Xunta sumará 15 novos millóns aos 130 millóns que xa ten investido en ano e medio no impulso á Industria 4.0
  • Sinala a estabilidade de Galicia como valor engadido para a atracción de investimentos, que a Xunta está a potenciar cos 60 millóns da Iniciativa de Captación de I …

Feijóo salienta que EE.UU. é o primeiro socio non europeo de Galicia e anima a que siga sendo así, poñendo á disposición a capacidade galega en sectores como o naval, a automoción, o téxtil, a pedra e a pizarra, as conservas e o viño

17/06/2016

  • Afirma que todos eles son ámbitos nos que temos unha experiencia de moitas décadas e que permitiron internacionalizar cada vez máis a economía galega, “e esa tendencia —engade— tamén queremos continuala abríndonos a sectores emerxentes como novas formas de enerxía, o aeronáutico ou a biotecnoloxía”
  • Resalta que as exportacións a Estados Unidos alcanzaron os 567,7 millóns de euros en 2014, un 28% máis que en 2013
  • Insiste en que Galicia non é unha terra pechada, “como proban algunhas das principais marcas que nos representan por todo o mundo”, di, referíndose, a modo de exemplo, ao Camiño de Santiago
  • “A nosa vocación é aberta. Tamén a nosa situación xeográfica o é. Porque onde outros ven o principio do océano como un muro, nós aprendemos a velo com …
1 139 140 141 142 144 145 146 147 197