Conde destaca o papel de Ineo para facer de Galicia un referente do sector TIC e impulsar a cultura innovadora
06/10/2016
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo aos actos do X Aniversario de Ineo, nos que animou ao novo presidente da entidade, Giovanni Giardina, a continuar o traballo realizado polo seu predecesor no cargo, Carlos Conde
- Sinala a importancia de apostar pola innovación nas pemes galegas para fomentar a Industria 4.0
- Galicia conta con máis de 2.200 empresas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación e que xeran máis de 14.000 postos de traballo
Vigo, 6 de outubro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo ao décimo aniversario da Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación, Ineo, que desde hoxe ten novo …


