05/09/2016
- O proxecto traballa nunha rede de intercambio de coñecemento para abordar, a través da innovación, o envellecemento da poboación
Santiago, 5 de setembro de 2016.- Galicia acolle dende hoxe, e ata o próximo mércores, o primeiro obradoiro interrexional Outside-In Innovation que, baixo o liderado da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), contará con expertos de sete rexións europeas para intercambiar boas prácticas no eido da innovación en saúde. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que inaugurou este primeiro obradoiro, manifestou a súa satisfacción de que o Servizo Galego de Saúde sexa “un referente en innovación en España, e queremos seguir mellorando e aprendendo do que se fai con éxito noutras rexións europeas; e ademais, facelo dun xeito aberto, ...