Galicia debate en Bruxelas sobre a especialización intelixente das rexións e a adaptación ao envellecemento poboacional na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2016
12/10/2016
- Mañá remata a 14ª edición deste evento anual dedicado ao desenvolvemento rexional e urbano en Europa
Bruxelas, 12 de outubro de 2016.- Un ano máis a oficina de representación galega en Bruxelas – a Fundación Galicia Europa (FGE) – volveu ser sede oficial da Semana Europea das Rexións e das Cidades acollendo dous seminarios, o primeiro celebrado o pasado luns e o segundo hoxe. As oportunidades das TIC para o envellecemento activo e as estratexias de especialización intelixente protagonizaron ambos os dous eventos con participación galega.
Baixo o título Smart cities and communities for all: How to become smart and age-friendly , o primeiro dos seminarios abordou as dificultades existentes para que as persoas de idade saquen un maior proveito das TIC. Representantes de Amsterd …


