A Xunta anima ás empresas de Pontevedra a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i
09/09/2025
- Esta liña está dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos
Vigo, 9 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia continúa coa súa rolda de obradoiros informativos sobre o novo programa Nexos dotado con 28M€, o que supón a maior contía destinada polo Goberno galego a unhas axudas para impulsar a I+D+i colaborativa entre empresas e co apoio de centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. Desta vez, foi a quenda das empresas da provincia de Pontevedra, que se celebrou na Confederación Empresarial de Pontevedra, en Vigo.
Co obxectivo de resolver dúbidas e explicar todas as características desta convocatoria a potenciais interesados en optar a ela, a Consellería de Educación, Ciencia, Universi …


