Conde resalta que a unidade mixta Gas Natural Energylab é un proxecto que consolida Galicia como economía innovadora
14/03/2017
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avaliou hoxe a posta en marcha da nova iniciativa, Gas Renovable, impulsada coa colaboración da Xunta e que contribúe a fomentar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade medioambiental
- Conde destaca que o proxecto, que conta cunha planta piloto na EDAR de Bens da Coruña, permitirá aumentar o emprego de calidade e a competitividade no eido da depuración das augas urbanas, nas industrias alimentarias ou no sector primario
- Lembra que as 24 Unidades Mixtas están a mobilizar 87 millóns de euros, incidindo en campos como a enerxía, a automoción ou a alimentación, entre outras
A Coruña, 14 de marzo de 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou o proxecto da Unidade Mixta …


