Convocados os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017 para pemes, grandes empresas e grupos de investigación
04/04/2017
- Ábrese o prazo ata o 29 de xuño con tres categorías nas que os galardóns suman unha dotación total de 28.000 €
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 29 de xuño o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2017. Dirixidos a grupos de investigación, pemes e grandes empresas, a contía total dos premios ascende a 28.000 euros netos.
A RAGC e a GAIN colaboran na organización deste certame, que chega á súa terceira edición, baixo a premisa de que a axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo é unha estratexia prioritaria a nivel global para in …


