O polo de Rozas xera xa preto de 120 empregos cualificados e conta coa participación de 15 pemes e centros tecnolóxicos
24/04/2017
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, subliña que a través da fase de I+D da Civil UAVs Initiative se buscan solucións que contribuirán de xeito crucial a situar Galicia como referente internacional neste sector
- Sinala que os compromisos adquiridos polos socios tecnolóxicos Indra e Babcock con empresas galegas e centros de coñecemento están mobilizando máis de 12 millóns de euros en contratacións
- Destaca que o programa de solucións avanza en paralelo, co obxectivo de publicar as sete primeiras licitacións por valor de 14 millóns de euros
Castro de Rei (Lugo), 24 de abril 2017.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou hoxe nun Demoday sobre o polo tecnólóxico e industrial de Rozas que esta iniciativa está a xer …


