Novas

Feijóo destaca a calidade, a innovación e a capacidade de emprendemento como elementos clave que permitiron facer da crise unha panca de transformación

01/12/2016

  • Afirma que a empresa Urovesa é unha faciana máis desa Galicia que progresa cohesionada e equilibrada, mantendo as bases tradicionais da súa riqueza e desenvolvendo outras novas
  • Traslada ao galardoado José Sierra, presidente de honra e fundador de Urovesa, os seus parabéns por unha traxectoria “excelente” no profesional e, sobre todo, no humano

Santiago, 1 de decembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante a entrega do IV Premio á Excelencia Empresarial do Club Financeiro de Santiago, a calidade, a innovación e a capacidade de emprendemento como elementos clave que permitiron facer da crise unha panca de transformación.

Feijóo referiuse así a Galicia como un pobo que progresa cohesionado e equilibrado, mantendo as bases tradicio …

Conde sinala que o dron mariño de Ferri demostra que o sector naval galego é máis competitivo cando aposta pola innovación

01/12/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo á botadura do proxecto Ulises, un vehículo non tripulado pioneiro en España e no que tamén colaborou a Universidade de Vigo, o Cimne e o Goberno central
  • Afirmou que a fabricación do barco é un feito histórico para Galicia, ao igual que foi o ano pasado o coche autónomo de PSA ou polo tecnolóxico e industrial que se está a desenvolver en Rozas
  • Destacou que o tecido industrial galego conta co talento e a tecnoloxía necesaria para diversificar a súa produción e buscar novos mercados
  • A Xunta, a través da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), pon a disposición das empresas galegas mecanismos para que gañen en competitivid …

Conde sinala que Galicia conta co talento e os recursos necesarios para ser un referente en biotecnoloxía

29/11/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembrou esta mañá en Santiago que a Xunta, a través da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020, mobilizará 200 millóns de euros en este sector que contribúe á xeración de actividade industrial e á creación de postos de traballo estables e de calidade
  • Asegurou que o obxectivo é poñer en marcha 30 novas empresas biotecnolóxicas e contar con 300 novos empregos cualificados nun sector que na actualidade xa factura 250 millóns de euros e da traballo a 1.300 persoas
  • Durante a inauguración do foro ‘A biotecnoloxía galega. Da investigación á internacionalización’, de El Correo Gallego, o conselleiro indicou que a través do programa Principia se contrataron preto de 140 investigadores e que xa ...

Conde defende a aposta de Galicia pola innovación e o talento nunha xornada sobre industria 4.0 da fundación San Pablo Ceu Castela e León

24/11/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ofreceu esta tarde en Valladolid unha conferencia na que trasladou o compromiso de Galicia co novo modelo industrial a través da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 e da Axenda da Competitividade
  • Asegurou que a Industria 4.0 é unha “oportunidade” para impulsar a competitividade do tecido empresarial e facilitar o acceso a novos mercados
  • Conde subliñou a importancia de impregnar ás empresas dos valores das ideas, o talento e o esforzo
  • A Axenda da Competitividade xa ten permitido abaratar o solo industrial, ofrecer apoio financeiro ás empresas, poñer en marcha a oficina Doing Business e seleccionar os mellores proxectos piloto da fábrica intelixente a través do concurso de ideas Industria 4.0
  • ...

Conde subliña a aposta do audiovisual galego pola innovación e a tecnoloxía como claves de futuro

17/11/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na clausura do 10ª edición do pitching “I+P. Ideas para producir”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego
  • Subliña a necesidade de estar ao lado dos creadores e emprendedores, non só achegando financiamento senón poñendo á súa disposición as ferramentas e o estímulo que precisan
  • Destaca ferramentas como a Rede Galega de Business Angels, a Unidade Galicia Emprende ou a Rede de aceleradoras de emprendemento, ás que se incorpora unha específica para impulsar a industria audiovisual
  • Salienta o papel dos clústers impulsando proxectos innovadores que incrementan a competitividade das pemes e estratexias conxuntas para avanzar en internacionalización

Santiago, 17 de novembro de 2016.- O con …

Feijóo garante o compromiso da Xunta para seguir configurando en Galicia “un ecosistema” favorable á innovación e ao emprendemento

16/11/2016

  • “Un ecosistema baseado nos consorcios de innovación nos que participen as grandes empresas, as pemes e os centros tecnolóxicos, co decidido apoio da Axencia Galega de Innovación e da Xunta”, abunda
  • Refírese aos novos retos estratéxicos do sector da automoción: modernizar o sector co impulso da industria 4.0, mellorar os procesos de innovación, adaptar a formación ás necesidades reais do mercado e mellorar a eficiencia enerxética
  • Lembra que este espírito innovador está a facer, ademais, que arraiguen na Comunidade novos sectores entre os que destaca o aeroespacial e o biotecnolóxico

Vigo, 16 de novembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso do Goberno galego para seguir configurando “un ecosistema” favorable á innov …

Conde destaca que Galicia é a comunidade autónoma con máis empresas por poboación activa e ocupada

09/11/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo á xornada organizada por Impulsando Pymes para que as grandes empresas compartan as súas experiencias coas pemes galegas e así gañen en competitividade
  • Conde destaca que Galicia é “un exemplo a nivel nacional” de como poñer á disposición do tecido empresarial os medios cos que conta para dar resposta aos seus retos, citando a publicación hoxe no DOG da creación das ECCOM para axilizar a creación de empresas
  • Subliña que as pemes, os autónomos e os emprendedores son o eixo que vertebra a economía galega e que no que vai de ano se crearon preto de 4.000 firmas

Vigo, 9 de novembro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, as …

A Xunta de Galicia concede o premio especial dos UAVs dentro dos prestixiosos premios da ESA Galileo Másters

26/10/2016

  • A cerimonia de entrega do Concurso Europeo de Navegación por Satélite (ESNC) celebrouse onte en Madrid
  • A empresa madrileña Canard Drones fíxose co premio especial no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados (UAV)
  • A Axencia Galega de Innovación, en colaboración com Indra e Inaer, concedeu este premio que conleva un paquete completo de apoio ao desenvolvemento da idea
  • Así mesmo, a Xunta de Galicia participa no premio rexional concedido ao proxecto GNSS-Assisted Drone Landing System de Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.- A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia participou onte na cerimonia de entrega dos premios do Concurso Europeo de Navegación por Satélite (ESNC), concurso internacional de in …

Galicia debate en Bruxelas sobre a especialización intelixente das rexións e a adaptación ao envellecemento poboacional na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2016

12/10/2016

  • Mañá remata a 14ª edición deste evento anual dedicado ao desenvolvemento rexional e urbano en Europa

Bruxelas, 12 de outubro de 2016.- Un ano máis a oficina de representación galega en Bruxelas – a Fundación Galicia Europa (FGE) – volveu ser sede oficial da Semana Europea das Rexións e das Cidades acollendo dous seminarios, o primeiro celebrado o pasado luns e o segundo hoxe. As oportunidades das TIC para o envellecemento activo e as estratexias de especialización intelixente protagonizaron ambos os dous eventos con participación galega.

Baixo o título Smart cities and communities for all: How to become smart and age-friendly , o primeiro dos seminarios abordou as dificultades existentes para que as persoas de idade saquen un maior proveito das TIC. Representantes de Amsterd …

A Xunta convoca as axudas para a creación de novas aceleradoras sectoriais que consoliden o emprendemento innovador

10/10/2016

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 1,1 millóns de euros para potenciar, a través dun mínimo de catro aceleradoras, a investigación e a competitividade de 25 pemes galegas
  • Por unha banda, hoxe publícase no DOG unha convocatoria de Gain por 500.000 euros que ofrecerá axudas ás entidades privadas que desenvolvan actividades de aceleración de proxectos empresariais innovadores
  • Ademais das axudas, os tres mellores proxectos empresariais de cada aceleradora terán a posibilidade de acceder a un préstamo participativo de Xesgalicia de ata 50.000 euros
  • Poderán participar compañías con domicilio social ou con centro de traballo en Galicia e que conten con experiencia na realización de programas de aceleración
  • A nova proposta enmárcase dentro da Estrate …
1 131 132 133 134 136 137 138 139 193