A Xunta destaca a importancia de aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres novas
27/04/2017
- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe no acto do Día Internacional das rapazas nas TIC
- O acto está dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC e ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia de aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres novas mediante a súa incorporación aos estudos e profesións relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación.
Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innov …


