Conde destaca a aposta de Marine Instruments por un modelo produtivo que utiliza a innovación para fixar tecido industrial
05/09/2017
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións desta empresa en Nigrán
- Lembra que a semana pasada se publicou, dentro do proxecto do polo tecnolóxico de Rozas, a licitación de cinco iniciativas para desenvolver solucións tecnolóxicas baseadas en avións non tripulados para mellorar os servizos públicos por un importe de 7,2 millóns de euros
- Destaca a importancia de sectores emerxentes, como o aeronáutico, que segue a medrar en Galicia e sinala que a Xunta apoia con 5 millóns de euros a construción dunha terceira planta na Comunidade de Delta Vigo
Nigrán (Pontevedra), 5 de setembro de 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta da Xunta por un modelo produtivo que utiliza a in …


