Xunta e Fundación CEL colaboran na dinamización do emprendemento innovador na provincia de Lugo
29/09/2017
- A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, reuniuse esta mañá con emprendedores e empresarios innovadores da provincia de Lugo para coñecer as súas iniciativas e informar sobre os instrumentos de apoio da Xunta
- GAIN e Fundación CEL colaboran no desenvolvemento de actuacións de dinamización, asesoramento e titorización a equipos promotores de proxectos empresariais
Lugo, 29 de setembro de 2017.- A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, visitou esta mañá o Centro de Iniciativas Empresariais da Fundación CEL en Lugo onde mantivo un encontro con emprendedores e empresas innovadoras da provincia. O obxectivo do encontro era coñecer as súas iniciativas, así como informalos sobre os instrumentos de apoio da Xunta d …


