Sete proxectos de biotecnoloxía presentan os seus proxectos na VII lonxa de investidores impulsada pola Xunta e Bioga
25/10/2017
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participa en Lugo na inauguración desta iniciativa á que asisten doce entidades investidoras de ámbito estatal
- Salienta que a Xunta leva mobilizado máis dun 25% do obxectivo total previsto para 2020 da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía de Galicia
Lugo, 25 de outubro de 2017.- A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, inaugurou esta mañá a VII Lonxa de Investidores Bio de Galicia organizada polo Clúster empresarial de Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e a Xunta no Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL).
Na xornada, á que asisten investidores, promotores de proxectos, business angels e público en xeral, presentáronse sete proxectos do sector da biotecnoloxía que …


