A Xunta comparte con outras rexións europeas boas prácticas de aplicación dos principios da Nova Bauhaus europea a nivel local
30/09/2025
- A Axencia Galega de Innovación participou no último mes en dúas reunións, en Tesalónica e Silleda, no marco do proxecto Interreg Europe PICOBELLO
- Este proxecto europeo está orientado a mellorar as políticas de desenvolvemento rexional a través da colaboración na implementación dos valores da New European Bauhaus
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación dependente da consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, participou entre o 16 e o 18 de setembro no terceiro obradoiro de socios do proxecto PICOBELLO celebrado en Tesalónica (Grecia) e, posteriormente, celebrou o 30 de setembro en Silleda a terceira reunión do seu grupo de colaboradores locais. Estes encontros enmárc …


