A Xunta destaca a importancia de difundir os proxectos de innovación con éxito para animar ás pemes a xerar novas ideas
10/11/2017
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Ourense na mesa redonda “Comunicación e innovación: informar máis e mellor” no marco do V Foro da Comunicación de Galicia
- Destacou que a Xunta acompaña aos axentes do sistema de innovación, tamén no campo da comunicación, para visibilizar que os apoios públicos á innovación xeran novos produtos e servizos
Ourense, 10 de novembro de 2017.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Ourense na mesa redonda Comunicación e Innovación: informar máis e mellor no marco do V Foro da Comunicación de Galicia, organizado por Expourense, co apoio da Deputación de Ourense e a Xunta.
Argerey subliñou que aínda queda moito camiño por perc …


