A FGE e a Axencia Galega de Innovación convocan unha bolsa de formación para titulados superiores no ámbito da I+D+i
29/11/2017
- As prácticas formativas consistirán na asistencia ás reunións en Bruxelas das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i
- Esta iniciativa enmárcase dentro dun dos obxectivos fundacionais da FGE: a formación sobre a UE en Galicia
- O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 22 de decembro
Bruxelas, 22 de novembro de 2017. A Fundación Galicia Europa convoca por terceiro ano consecutivo e en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa de prácticas formativas para titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación. Esta é a terceira convocatoria da bolsa ...


