Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador
2023-06-07
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación dos dous hubs de innovación dixital de Galicia que as iniciativas lideradas polo Clúster tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) serán clave para a industria galega ante os retos da transformación dixital, creando un ecosistema de traballo conxunto entre o tecido industrial, o coñecemento e a Administración.
Segundo sinalou Conde, os hubs, que suman as capacidades de máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas, funcionarán como unha xanela única achegando ás pemes as solucións tecnolóxicas que precisan.
No encontro, que contou coa participación de representantes da Comisión Europea e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Conde fixo fincapé en que os hubs galegos de innovación dixital están aliñados coa Iniciativa comunitaria para a dixitalización da industria europea, e integrada na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, e permitirá posicionar a Galicia no mercado a través da diferenciación.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén sinalou que os dous hubs son tamén un exemplo de como, a través da colaboración público-privada, pode avanzar e dar as respostas que necesita o tecido produtivo, compartindo capacidades e xuntando esforzos.