Feijóo avanza a posta en marcha do plan Galicia Innova 2020 para, a través da innovación e cun investimento de 1775 millóns, impulsar a actividade económica e industrial e xerar máis emprego
18/01/2018
- Salienta que a través deste plan a Xunta seguirá avanzando cara a un modelo de Hubs de Innovación Dixital, estruturas que permitirán agrupar, ordenar e especializar a I+D+i en ámbitos estratéxicos para a Comunidade
- Destaca que Galicia aspira a incrementar un 10% máis de traballadores ligados á I+D+i, un 15% máis de empresas innovadoras e un 20% máis de investimentos privado en innovación
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do Plan Galicia Innova 2020 para, a través da innovación e cun investimento de 1775 millóns, impulsar a actividade económica e industrial e xerar máis emprego.
Logo de precisar que Galicia investirá en innovación at …


