A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, apelou esta mañá ao consenso arredor da idea de que a innovación é a clave para asegurar o crecemento económico sostible, na clausura da xornada “Galicia en Dixital: Transformando a sociedade e as nosas empresas” organizada por Telefónica en Santiago de Compostela.
Argerey apuntou que é unha demanda da sociedade, xa que a cidadanía hoxe esixe produtos e servizos innovadores, diferentes e personalizados que respondan ás súas necesidades e a innovación debe satisfacer esa demanda ofrecendo solucións que se axusten a estas necesidades e contribuíndo así á mellora da vida das persoas.
Para iso, dende a Xunta de Galicia téñense desenvolto programas centrados na innovación que apoian tanto a conservación do liderado daqueles sectores nos que a Comunidade xa está especializada como o desenvolvemento de novos sectores produtivos que permitan situar a Galicia á vangarda nos mercados internacionais, no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
A directora de Gain afirmou que cómpre seguir avanzando na incorporación das novas tecnoloxías e a formación especializada ao tecido produtivo. Do mesmo xeito, sinalou que as empresas deben gañar tamaño e diversificar a súa produción; ao tempo que avanzan na internacionalización dos seus produtos e se incorporan ás cadeas de valor europeas.