A Xunta impulsa a mobilización de 9,5M€ en innovación en 49 empresas galegas a través do programa pioneiro Innova Peme
08/12/2017
- O obxectivo é que lancen novos produtos e servizos ou melloren os seus procesos a través de axudas que alcanzan preto dos 100.000 euros de media por beneficiario
- Para a metade das empresas que acceden a estes apoios é a primeira vez que obteñen axudas de GAIN e, polo tanto, supón a súa primeira oportunidade para introducir ou consolidar a innovación
- A convocatoria apoia a contratación ou mantemento de 263 postos de traballo, a adquisición de equipamento, servizos de asesoramento e a obtención de licenzas e patentes
- Case oito de cada dez beneficiarias son pequenas e microempresas, sendo o sector TIC o más representado, e no 90% dos proxectos colaborarán organismos de investigación con sede en Galicia
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2017.- A Consellería de ...


