Innova Peme facilita a expansión dunha empresa tecnolóxica de obtención final de nanofibras e nanocristales de celulosa
22/02/2018
- As achegas nesta liña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a primeira a fondo perdido para microempresas, pequenas e medianas, superan os 1,5 millóns de euros na provincia da Coruña e os 4,7 en toda Galicia
- O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións de Enso Innovation, que desenvolve a súa actividade na redución do impacto ambiental das industrias
A Coruña, 22 de febreiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as instalacións da empresa Enso Innovation SL, unha das beneficiarias das axudas do programa Innova Peme da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria. No percorrido polas instalacións, Rodeiro destacou que unha das prioridades da Xunta de Galicia ...


