A Xunta busca mellorar a efectividade dos procesos de transferencia de coñecemento ao tecido empresarial a través da formación de especialistas
2019-12-10
Ferrol, 15 de novembro de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe ao espectáculo O futuro é hoxe, enmarcado na iniciativa Deseño, Ciencia e Tecnoloxía para a xuventude (DTec) que se celebra no CIS Galicia co obxectivo de espertar vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Conde puxo en valor a dedicación e o traballo en equipo como as claves dos grandes avances científicos e animou aos asistentes a descubrir a súa vocación STEM a través dos espectáculos e obradoiros que esta iniciativa desenvolve ata o mes de decembro.