A Xunta impulsa sete novas unidades mixtas de investigación e a consolidación doutras cinco para fomentar o talento e a ciencia na industria
24/05/2018
- Esta quinta edición mobilizará un investimento público-privado de 27 millóns de euros e favorecerá a creación ou mantemento dun centenar de postos de traballo cualificados
- A aposta polas unidades mixtas de investigación, desde a súa primeira edición, permite apoiar 33 proxectos novos e consolidar outros 9 en sectores estratéxicos
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018.- O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o impulso de sete novas unidades mixtas de investigación e a consolidación doutras cinco para fomentar o talento e a ciencia na industria. Esta quinta edición, que se publicará no mes de xuño, mobilizará un investimento público-privado de 27 millóns de euros e favorecerá a creación ou mantemento dun centenar de postos de tra …


