A Xunta destaca que o programa Fábrica Intelixente contribúe á mellora da competitividade empresarial ao impulsar proxectos de I+D+i
21/06/2018
- A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebrou esta mañá un taller técnico de presentación da segunda edición da convocatoria desta iniciativa
- O obxectivo desta liña de axudas é atraer proxectos cara Galicia, impulsar a dixitalización e crear emprego de calidade, no marco da Axenda Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)
- A directora de GAIN, Patricia Argerey, explicou aos asistentes as vantaxes da modernización da industria galega para aumentar a súa produtividade e competitividade e, en definitiva, favorecer o crecemento económico de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018.- A directora da Axencia Galega de Innovación, (GAIN), Patricia Argerey, clausurou a xornada de presentación da segunda edición do programa Fábr …


