Novas

A Xunta anima ás pemes a optar a convocatoria Nexos, con 28 M€ para proxectos de I+D+i colaborativos

19/09/2025

  • A directora da Axencia Galega de Innovación visita a empresa innovadora Kemegal Químicos para recordar que esta liña de axudas estará aberta ata o luns

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 19 de agosto de 2025.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, lembrou hoxe durante a súa visita a empresa Kemegal Químicos, en Vilagarcía de Arousa, que segue aberta ata este luns a convocatoria Nexos para financiar proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas e centros de coñecemento. Trátase da liña de axudas da Xunta con maior dotación para apoiar proxectos destas características, 28 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cos que se prevén apoiar ao redor de 50 proxectos e 200 beneficiarios e mobiliza …

A Xunta amplía o prazo de solicitudes para a convocatoria de unidades mixtas de investigación ata o 6 de outubro

17/09/2025

  • A directora da Axencia Galega de Innovación anuncia esta ampliación durante a presentación dos resultados do Centro Mixto de Investigación de Cetaqua e Viaqua
  • Esta convocatoria, dotada con 12 millóns de euros, busca apoiar alianzas estratéxicas entre centros de coñecemento e empresas

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia amplía ata o 6 de outubro o prazo de solicitudes para a convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación dado o elevado interese xerado e a coincidencia na data de peche con varias liñas de axuda. Así o anunciou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, hoxe durante a presentación de resultados do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular do centro tecnolóxico Cetaqua e a empresa Viaqua.

A convocatoria …

A Xunta e CDTI difunden as oportunidades de financiamento no ámbito da I+D+i en seguridade e a defensa

16/09/2025

  • Celébrase unha xornada para preparar a empresas, centros tecnolóxicos, e universidades a aproveitar os novos fondos destinados á innovación neste sector
  • O Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) xestiona neste 2025 500 millóns de euros para proxectos de I+D nestes ámbitos
  • O Goberno galego presenta a súa estratexia en seguridade, defensa e aeroespazo

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia celebrou esta mañá, no marco do convenio de colaboración do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), unha xornada para dar coñecer ás entidades galegas (empresas, centros tecnolóxicos, universidades, etc.) as novas oportunidades para o financiamento de proxectos de I+D con aplicación no ámbito da seguridade e a …

A Xunta de Galicia apoia a Noite Galega das Persoas Investigadoras que inclúe máis de 200 actividades nas sete cidades galegas

15/09/2025

  • Esta cita celebrarase o 26 de setembro simultaneamente en multitude de cidades europeas para achegar a ciencia á sociedade dun xeito ameno e participativo
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa en Vigo na presentación deste evento de divulgación científica

Vigo, 15 de setembro de 2025.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da Noite Galega das Persoas Investigadoras celebrada en Vigo. Esta cita de divulgación da ciencia celebrarase o venres 26 de setembro nas sete grandes cidades galegas, de xeito simultáneo ao resto de Europa. O evento está coordinado pola Universidade de Vigo e coa participación das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, os centros …

A Xunta anima ás empresas de Pontevedra a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i

09/09/2025

  • Esta liña está dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos

Vigo, 9 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia continúa coa súa rolda de obradoiros informativos sobre o novo programa Nexos dotado con 28M€, o que supón a maior contía destinada polo Goberno galego a unhas axudas para impulsar a I+D+i colaborativa entre empresas e co apoio de centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. Desta vez, foi a quenda das empresas da provincia de Pontevedra, que se celebrou na Confederación Empresarial de Pontevedra, en Vigo.

Co obxectivo de resolver dúbidas e explicar todas as características desta convocatoria a potenciais interesados en optar a ela, a Consellería de Educación, Ciencia, Universi …

A Xunta aproba axudas por 1 M€ para impulsar proxectos de I+D+i con outras rexións europeas

08/09/2025

  • A segunda edición da convocatoria Vinnovate apoiará proxectos colaborativos de investigación e innovación conformados por entidades de oito países
  • Na edición anterior deuse pulo a catro proxectos con participación da nosa Comunidade nos eidos da saúde, a automoción e as enerxías renovables

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe a segunda edición da convocatoria Vinnovate Galicia, unha liña de axudas cuxo obxectivo é potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional da investigación e innovación europea, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D+i.

A nova convocatoria, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de, ascende a 1 M€ cofinanciados pola Unión ...

Rueda resalta que a Xunta apoia a candidatura de cinco investigadores ás bolsas máis prestixiosas neste eido en Europa

08/09/2025

  • Salienta que se destinan 250.000 € a que finalistas das axudas do Consello Europeo de Investigación “reforcen” e continúen “cos seus proxectos”
  • “O obxectivo é apoiar aos investigadores que desenvolven o seu traballo en Galicia e reter ese talento”, indica
  • O Goberno galego concederá achegas a catro investigadores da Universidade de Santiago e un da Universidade da Coruña

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou un novo convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades de Santiago de Compostela (USC) e da Coruña (UDC), polo que se conceden axudas económicas para “apoiar a cinco científicos que quedaron finalistas nas achegas do Consello Europeo de Investigación ( ...

A Xunta amosa o potencial da I+D+i galega nun congreso internacional en Suecia sobre innovación

07/09/2025

  • Esta cita de referencia, organizada pola Asociación Europea para a Educación Internacional, acollerá a máis de 250 organizacións de 100 países
  • A participación galega, liderada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, enmárcase na campaña de atracción de talento da Xunta a nivel internacional

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2025.- Diferentes axentes da I+D+i galega asistirán a 35ª edición do Annual EAIE Conference and Exhibition da Asociación Europea para a Educación Internacional que se celebrará do 9 ao 12 de setembro en Gotemburgo (Suecia). A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP lidera a delegación galega participante na feira a través da Axencia Galega de Innovación.

Concretamente, Galicia conta cun expositor in …

Galicia consolídase entre as comunidades autónomas nas que máis medra o emprego en I+D no último ano

05/09/2025

  • Un informe da Fundación Cotec para la Innovación coloca a Galicia en terceira posición en España cun aumento do 6,3% no último ano fronte a media estatal do 4%

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025.- Galicia sitúase entre as comunidades autónomas onde máis medra o emprego en I+D segundo o informe Indicador adelantado de Cotec que vén de publicar a Fundación Cotec para la Innovación no marco do seu observatorio sobre o período de xullo de 2024 a xullo de 2025.

Concretamente, Galicia incrementa nun 6,3% o emprego en I+D cun aumento en termos absolutos de 341 persoas, situándose como terceira comunidade na que máis medra este indicador, só por detrás da Rioxa e Castela-A Mancha. Este ritmo de crecemento é superior á media estatal do 4% e ao daquelas autonomías l …

A Xunta anima as empresas de Lugo a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i

03/09/2025

  • A directora da Axencia Galega de Innovación participa nunha sesión para difundir esta liña de axudas, dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos

Lugo, 3 de setembro de 2025.- A Xunta de Galicia iniciou hoxe en Lugo a rolda de obradoiros informativos sobre o novo programa Nexos dotado con 28M€, o que supón a maior contía destinada polo Goberno galego a unhas axudas para impulsar a I+D+i colaborativa entre empresas e co apoio de centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. A primeira das citas, na que estivo presente a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, celebrouse na Confederación de Empresarios de Lugo.

Co obxectivo de resolver dúbidas e explicar todas as caracte …

1 8 9 10 11 13 14 15 16 197