Conde anuncia a primeira convocatoria para identificar os Hubs de Innovación Dixital que Galicia quere impulsar
16/07/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apunta que a convocatoria se abrirá despois do verán, potenciando puntos de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento
- Destaca que o primeiro obxectivo dos Hubs será axudar ás empresas a integrar o mundo online a través de proxectos de innovación punteiros
- A actuación enmárcase no Plan Galicia Innova 2020, cun investimento público-privado de 1775 millóns de euros
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Así, avanzou, nunha xornada celebrada en Santiago de Comp …


