Os hubs de innovación dixital da Xunta serán un instrumento estratéxico capaz de impulsar os principais sectores económicos de Galicia
05/10/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada organizada pola Administración autonómica
- O goberno galego recibiu oito manifestacións de interese e abrirá, nas próximas semanas, a convocatoria para desenvolver os primeiros hubs
- Valorarase a súa contribución á Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS 3) e contarán cun recoñecemento da Administración que lles permitirá acceder tanto a apoios rexionais que se poñan en marcha como formación e acompañamento
Santiago de Compostela, 5 de outubro 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou esta mañá en Santiago de Compostela, durante a clausura dunha xornada sobre os hubs de innovación dix …


