Conde destaca que a biotecnoloxía galega se sitúa como unha referencia grazas a proxectos como a primeira incubadora de fármacos de España
11/07/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación dos proxectos seleccionados entre os 157 presentados na iniciativa impulsada pola Xunta, a Fundación Kaertor e a empresa Janssen
- Trátase de tres iniciativas para desenvolver tratamentos contra o alzhéimer, o párkinson e o cancro hepático
- Galicia conta coa Estratexia de impulso á Biotecnoloxía que desde 2016 executou o 54% do seu orzamento, apoiou 300 proxectos e permitiu incrementar tanto a facturación anual como os postos de traballo
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela que a biotecnoloxía galega se sitúa como unha referencia, e ...


