Conecta Peme mobilizará na provincia de Ourense máis de 2 M€ en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan 7 empresas
14/11/2018
- O obxectivo deste programa é incrementar a I+D+i empresarial en Galicia primando na selección dos proxectos o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solución
- A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, indicou que as empresas beneficiadas na provincia participan en proxectos relacionados coa nanotecnoloxía, a enerxía e medio ambiente, a saúde ou as TIC
- Nesta edición as axudas contaron cun orzamento para toda Galicia que medrou un 8%, ata os 27M€ en axudas
Ourense, 13 de novembro de 2018.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou esta mañá o investimento de máis dun millón de euros destinado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para seis proxectos nos q …


