Galicia exhibe en California os avances en I+D+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial
2024-04-26
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela, durante un encontro sobre o programa Ignicia, a contribución desta iniciativa pioneira da Xunta ao cambio de cultura na transferencia de coñecemento ao mercado.
Conde explicou que Ignicia está apoiando 16 proxectos innovadores e disruptivos das Universidades e centros de coñecemento da Comunidade, que están permitindo xerar novas ideas e solucións para adiantarse ás necesidades tecnolóxicas da industria e das empresas galegas, sobre todo no eido da biotecnoloxía e das TIC.
O programa enmárcase na aposta polo coñecemento da Xunta, apoiando a captación e retención de talento, ofrecendo unha nova oportunidade para que os investigadores galegos poidan desenvolver solucións tecnolóxicas para a Industria 4.0 e para os sectores produtivos e estratéxicos da Comunidade.
Ignicia conta coa colaboración da Fundación Barrié e ten como principal obxectivo o apoio á investigación científica realizada en Galicia dándolle visibilidade e facilidades para chegar a mercado. O programa ofrece aos proxectos seleccionados unha vía de maduración e outra de financiamento para a súa consolidación. Búscase facilitar a transferencia de resultados dese traballo investigador ao mercado realizando unha detección temperá dos proxectos con potencial innovador, contribuíndo así á rendibilidade económica e social do investimento público en investigación.
Destacan, entre outras, a iniciativa Alén Space, a primeira spin-off creado no marco deste programa e que foi elixida entre as 70 mellores startups de España, ademais de gañar os Premios TIC Galicia 2019.