A Xunta apoia a participación da USC e da UVigo nos consorcios europeos de investigación para impulsar proxectos de bioloxía mariña e descubrimento de fármacos
29/11/2018
- Feijóo subliña que estas dúas iniciativas, cun investimento de 560.000 euros, suporán unha mellora para a comunidade científica galega
- Di que estes consorcios teñen o triplo obxectivo de axudar a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello, a autorización de dous convenios de colaboración entre a Xunta e as universidades de Vigo e Santiago de Compostela para facilitar a súa participación por primeira vez en dous Consorcios Europeos para as Infraestruturas de Investigación por un valor aproximado de 560.000 euro …


