A Xunta convida a emprendedores e startups a desenvolver as súas iniciativas innovadoras na nova aceleradora aeroespacial
07/02/2019
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, sinala que coa Business Factory Aero, con sede en Lugo, se busca completar a cadea de valor do sector na Comunidade e continuar posicionándose no escenario internacional
- O prazo de presentación de proxectos está aberto ata o 28 de febreiro, e as iniciativas seleccionadas contarán co apoio máis cuantioso de Europa
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, animou esta mañá en Santiago a emprendedores e startups a sumarse ao polo aeroespacial de Galicia participando na nova aceleradora Business Factory Auto (BFAero), o programa de apoio ao emprendemento innovador neste sector que prevé o maior investimento en Europa. Argerey destacou ...


