Galicia acada 476 M€ en proxectos de compra pública de innovación, situándose pioneira e líder en España
22/11/2025
- A Xunta participa no VII Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta en Granada, un encontro que reúne a preto de 700 expertos
- Os representantes do Goberno galego, que conta cun expositor na feira, participan nos coloquios para dar a coñecer a experiencia de Galicia nesta materia
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2025.- A Xunta de Galicia participou esta semana no VII Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación (CPI) e Innovación Aberta en Granada. A delegación galega contou cun espazo propio na zona de feira, onde se expuxo a traxectoria de Galicia neste procedemento, unha ferramenta de contratación que permite desenvolver e acelerar solucións baseadas en I+D+i que non están dispoñibles no mercado ou que necesitan ser adaptadas …


