A aceleradora Agrobiotech busca pemes dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e biomasa para impulsar o seu crecemento
24/03/2019
- A Xunta e Tecnópole organizan este programa en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira
San Cibrao das Viñas (Ourense), 24 de marzo de 2019.- O vindeiro mércores, 27 de marzo, pecha o prazo para presentar solicitudes de participación na terceira edición da aceleradora Agrobiotech, organizada pola Xunta e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira.
O obxectivo deste programa, que se inscribe na plataforma StartIN Galicia, é fortalecer as pemes innovadoras de tres sectores estratéxicos para a economía galega: o ...


