A Xunta destaca en Madrid o alto impacto da I+D+i no sector aeroespacial galego
04/04/2019
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou nunha xornada da asociación “Ellas vuelan alto” a Civil UAVs Initiative e a aceleradora BFAero
- Sinala que esta iniciativa busca atraer investimentos cara á Comunidade, desenvolver a industria de sistemas e vehículos non tripulados e mellorar a prestación dos servizos públicos
Madrid, 4 de abril de 2019.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Madrid nunha xornada sobre a innovación no sector aeroespacial organizada pola asociación Ellas vuelan alto, de mulleres expertas e de referencia no sector aeroespacial. Na súa intervención, Argerey deu a coñecer a Civil UAVs Initiative, nunha mesa redonda na que participaron altas directivas de diferentes e …


