A Xunta convoca as axudas do programa Principia para favorecer a contratación de 110 mozos e mozas cualificados en empresas e organismos de investigación
11/01/2019
- Francisco Conde analizou coa Alianza Intersectorial de Galicia (Atiga) os resultados de 2018 das iniciativas levadas a cabo polos centros tecnolóxicos
- O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe os apoios do Principia que se poden solicitar ata o próximo 11 de abril e que inclúen axudas de 10.000€ por contrato
- Nas tres primeiras convocatorias deste programa xa se apoiou a contratación de 366 profesionais de ata 35 anos en actividades de I+D+i
- Conde sinalou a importancia de converter o coñecemento en valor de mercado para satisfacer a demanda de tecnoloxía do tecido empresarial
- A Xunta tamén publicou hoxe no DOG as axudas para a dixitalización de pemes ás que se destinan 5M€
Vigo, 11 de xaneiro de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ...


