A Xunta reforza o seu compromiso coa I+D+i e incrementa o seu apoio económico aos centros do CSIC ata os 480.000 euros
14/06/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Pontevedra unha xuntanza co delegado institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio de Ron Pedreira, e representantes dos seus centros en Galicia
- Na reunión avaliáronse os resultados dos programas que está a desenvolver a Axencia Galega de Innovación (Gain), como o Oportunius ou Talento Sénior
- Conde pon en valor a aposta do Goberno galego polo modelo de colaboración público-privado para mellorar a prestación de servizos desde a Administración a través dos Hubs de Innovación Dixital
Pontevedra, 14 de xuño de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe en Pontevedra que a Xunta reforzará o seu compromiso coa inves …


