A Xunta premiará aos empregados públicos comprometidos coa innovación na prestación de servizos á cidadanía
17/02/2019
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha un novo certame co obxectivo de incentivar os traballadores da Administración autonómica que participan de forma activa nos diferentes procesos da innovación
- Trátase dunha das actuacións recollidas no Programa Innpulsa CPI, co que se busca consolidar Galicia como un referente na compra pública innovadora (CPI), un instrumento a través do cal se contratan novas solucións e produtos
- No período financeiro 2014-2020 Galicia está xa a executar fondos en CPI por 100 millóns de euros
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2019.- A Xunta pon en marcha o primeiro Premio aos empregados públicos innovadores, co obxectivo de recoñecer o compromiso das persoas que fan posible unha Administración pública máis eficie …


