A Xunta incentiva a participación galega no programa europeo de I+D+i Horizon 2020
29/07/2019
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou hoxe a nova convocatoria da Administración autonómica para seguir mellorando os resultados da Comunidade neste instrumento de financiamento
- Estas axudas, que se publicarán proximamente, contarán cun orzamento de 5 millóns de euros ata 2022 e, ademais de apoiar a preparación de propostas, achegarán financiamento a proxectos empresariais que acadaron o selo de excelencia da Comisión Europea
- Galicia pasou de captar 89,95 millóns de euros en todo o anterior Programa Marco (2007-2013) a 92,66 millóns de euros en cinco anos do H2020
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, informou hoxe nunha xornada celebrada en Santiago de Compos …


