Feijóo anima ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innovación e garante que nese camiño conta co apoio da Xunta
10/09/2019
- Destaca o obxectivo da Axenda Industria 4.0, “coa que buscamos a mobilización de 900 millóns de euros e a creación de 13.500 empregos nos próximos catro anos”
- Avoga por redobrar os esforzos para implementar a formación e especialización dos traballadores, para que esta se axuste constantemente ás necesidades que marca a Industria 4.0
- “Hoxe Galicia é innovación cando falamos dos sectores máis tradicionais da nosa economía, como poden ser a automoción, o naval ou o agroalimentario; e cando falamos dos ámbitos emerxentes, como o biotecnolóxico ou o aeronáutico”, di
Vigo, 10 de setembro de 2019.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe, durante o acto inaugural de Mindtech 2019, ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innov …


