A Xunta destaca en Vilasantar a aposta da madereira Aserpal pola innovación e a dixitalización para ser máis competitiva
17/09/2019
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director xeral do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), Javier Ponce, visitaron a empresa dedicada á fabricación de chapa de madeira, que desenvolve proxectos de I+D+i apoiados por ambas administracións
- O laboratorio dixital de Aserpal, que comezará a funcionar na primavera de 2020, desenvolverá novos proxectos de impresión dixital, traballando con papel melanímico e tecnoloxía especializada
- Gain e CDTI organizaron tamén hoxe unha xornada de presentación de instrumentos de financiamento para a innovación na Coruña
Vilasantar (A Coruña), 17 de setembro de 2019.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral do Centro para el Desarrollo ...


