Conde salienta en Ponteceso a vontade da Xunta de espertar vocacións científicas entre os máis novos

2018-05-18

Ponteceso (A Coruña), 18 de maio de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe a vontade da Xunta de espertar vocacións científicas entre os máis novos, durante a súa visita á Festiciencia, organizada pola Fundación Eduardo Pondal.

Conde agradeceu esta iniciativa que permitiu a máis de 1000 alumnos e alumnas de 15 colexios e institutos da Laracha, Cambre, Coristanco, Baio, Santiago de Compostela, Corme e Ourense aprender xogando e experimentando a través de 40 proxectos. Durante a súa intervención, sinalou a necesidade de estimular a aprendizaxe das matemáticas, ciencias e enxeñarías para preparar aos galegos e galegas para o emprego do futuro, que estará moi relacionado coas novas tecnoloxías.