A Xunta destaca en Pontevedra a aposta de Krack Zapaterías por asentar o seu crecemento na innovación e na dixitalización
23/10/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Pontevedra a sede da compañía, que emprega a 200 persoas e factura 20 millóns de euros ao ano
- Subliña a importancia de traballar por unha Galicia máis innovadora e máis competitiva, apoiando ao tecido empresarial, especialmente ás pemes, na creación de emprego de calidade na Comunidade
- Krack combina a tenda física coa presenza en liña, ao tempo que ofrece produtos de calidade e diferenciados, unha filosofía que se impulsa no comercio de proximidade a través da iniciativa autonómica Comercio 360
Pontevedra, 23 de outubro de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Pontevedra a sede de Krack Zapaterías, unha compañía que en pouco máis de dà ...


