Empresas galegas avanzan co apoio da Xunta no desenvolvemento de sistemas para controlar o impacto da industria téxtil e a autenticidade da moda sustentable
11/11/2019
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou en Lugo na presentación dos avances do proxecto no que participan AMSlab, Xenotechs, Mestrelab Research, Organistry e 2xMil, coa colaboración de varios grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela
- A iniciativa conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do programa Conecta Peme, que está a mobilizar 150M€ en 187 proxectos de cooperación que están xerando 530 empregos
Lugo, 11 de novembro de 2019.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Lugo na presentación dos avances no proxecto de innovación QC4SusTex, que se centra no desenvolvemento de ferramentas para controlar o impacto ambiental ...


