Un consorcio de empresas galegas innova na xestión dos recursos forestais co apoio da Xunta de Galicia
16/09/2026
- O proxecto CUBia, no que participan as empresas Asefor, Finsa, Fortop e Geomático está apoiado pola convocatoria Nexos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e cofinanciado con fondos europeos Feder
- Propón un sistema innovador de cubicación (medición) forestal baseado en captura de datos mediante sensores avanzados aerotransportados e terrestres procesados con IA para mellorar a competitividade da industria da madeira e a sustentabilidade
- Tamén investigará a aplicabilidade da cuántica á predición forestal, co apoio do Instituto Tecnológico de Galicia e da Universidade de Vigo
As Pontes de García Rodríguez, 16 de setembro de 2026.- Un consorcio de empresas galegas traballa nun proxecto innovador que mellorará a xestión dos recursos forestais co apoi …


