Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE
21 de Xuño
Os vindeiros 11 e 12 de setembro celébrase en Bergondo, no Pazo de Mariñán, o Congreso Estatal sobre “Innovación no Medio Rural”.
Este Congreso enmárcase na estratexia de colaboración impulsada pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, a Deputación de A Coruña, a Rede Estatal de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente e a Consellería do Medio Rural e o Mar da Xunta de Galicia. As súas conclusións formarán parte dos debates previos ao Congreso de Desenvolvemento Rural e LEADER “Horizonte 2014 – 2020”, que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro de 2012, organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.